O termo migración pode referirse a: Migración, o desprazamento de organismos que se produce desde un lugar de orixe a outro de destino e que leva consigo un cambio da residencia habitual no caso das persoas ou do hábitat no caso das especies, como poden ser animais con patróns migratorios; Migración animal; en bioxeografía, ecoloxía e etoloxía, é o desprazamento periódico dunha poboación animal cara a outro lugar xeográfico onde poder sobrevivir; Migración humana; en demografía, é o cambio de residencia dos seres humanos. Véxase tamén Migracións humanas prehistóricas.

Ademais pode facer referencia a: a migración de datos; en informática, o traspaso de información entre bases de datos; a migración de ións; en electroquímica, a consecuencia da pasaxe de corrente eléctrica nunha cuba electrolítica durante a electrólise. a migración celular, en zooloxía, embrioloxía, fisioloxía e medicina, o desprazamento de células, proceso de grande importancia no desenvolvemento e o mantemento dos organismos pluricelulares.