O ente (en versión orixinal inglesa: The Entity) é un filme de terror estadounidense do ano 1982, dirixida por Sidney J. Furie e protagonizada por Barbara Hershey, quen interpretou a Carla Moran, unha muller californiana que era aterrada por un ente invisíbel.

Estreouse en galego na TVG o 11 de novembro de 2001.

Sinopse O filme trata do pesadelo de Carla Moran (Barbara Hershey), unha nai solteira con tres fillos atemorizada por unha entidade sobrenatural que a viola e bate nela múltiples veces. A muller recibirá a axuda de investigadores do paranormal, que conseguirán capturar o espírito.

Personaxes Barbara Hershey como Carla Moran Ron Silver como Dr. Sneiderman David Labiosa como Billy Moran George Coe como Dr. Weber Margaret Blye como Cindy Nash Jacqueline Brookes como Dr. Cooley Michael Alldredge como George Nash Alex Rocco como Jerry Anderson Allan Rich como Dr. Walcott Richard Brestoff como Gene Kraft Raymond Singer como Joe Mehan Natasha Ryan como Julie Melanie Gaffin como Kim

Feitos reais Presuntamente, o filme está baseado na vida de Doris Bither, pseudónimo da verdadeira Carla Moran, quen asegurou que aínda era agredida por un ser invisible, aínda que con menos frecuencia e intensidade que nos primeiros anos, posteriormente á estrea da película. Tras mudarse a Texas coa súa familia despois de ser investigada por un experto equipo de parapsicólogos e científicos, os ataques foron remitindo ata desaparecer completamente ao cabo de catro anos de mudarse. Tras ser diagnosticada de cancro polo Dr. Taff (Sneiderman na película), Doris morreu o 25 de xullo de 2006.

Premios e nomeamentos Premio Categoría Suxeito ResultadoPremios do Festival do Filme Fantástico de AvoriazMellor actrizBarbara Hershey GañadoraPremios SaturnMellor músicaCharles Bernstein Nomeado

Notas

Categoría:Filmes de 1982 Categoría:Filmes sobre pantasmas Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes de 1982 con versión en galego