Leŭ Haroška (en belaruso: Леў Гарошка), nado o 26 de febreiro de 1911Segundo o calendario xuliano, correspóndese co 11 de marzo do calendario gregoriano. en Traščyčy (Belarús, daquela na Gobernación de Grodno, Imperio Ruso) e finado o 8 de agosto de 1977 en París (Francia); tamén coñecido polos seus pseudónimos "Anatoĺ Žmienia" (Анатоль Жменя)Por exemplo, no libro Кветкі І Церні Жыцьця. Зборнік Апавяданьняў. e "Prakop Kavaĺ" (Пракоп Каваль),Por exemplo, no libro Беларусь у датах, ліках і фактах. foi un sacerdote e arquimandrita grecocatólico belaruso, estudoso da historia das relixións, mestre, escritor e editor.
Biografía Primeiros anos Naceu nunha familia ortodoxa moi pobre, de tradición grecocatólica, en Traščyčy. Entre os anos 1923 e 1931 estudou no Gymnasium Belaruso de Navahrudak. Grazas ao apoio do director do gymnasium Jan Ciechanoǔski e do director do museo belaruso de Vilnius Anton Luckievič, Haroška entrou na Academia Teolóxica Grecocatólica de Lviv (hoxe Universidade Católica Ucraína), onde estudou entre 1931 e 1936.
Logo de graduarse na Academia, marchou a continuar os seus estudos a Innsbruck (Austria). Entre 1936 e 1937 estudou no Instituto de Teoloxía Católica da Universidade de Innsbruck. O 17 de outubro de 1937, coa aprobación do metropolita de Lviv Andrei Sheptytskyi, Haroška foi ordenado sacerdote polo bispo Nykyta Budka da Igrexa ucraína na capela privada do metropolita en Lviv. A primeira Divina Liturxia no seu país celebrouna na parroquia grecocatólica de Dzialiacičy, preto de Navahrudak, onde o párroco era Vaclaŭ Anoška.
Ministerio sacerdotal thumb|left|Libro de oración «Božym šliacham», editado por Leŭ Haroška. Comezou o seu traballo pastoral na diocese de Pinsk, entre 1937 e 1939, celebrando a liturxia en belaruso. Serviu nas parroquias de Uhryničy, Haradnaja, Stoŭpcy e Zburaž. Foi perseguido polo seu traballo no ámbito pastoral e na educación polas autoridades civís polacas, e foi vixiado pola policía.
En setembro de 1939 Andrei Sheptytskyi estabeleceu o exarcado apostólico de Belarús (grecocatólico), e en outubro de 1940 o xesuíta Anton Niemancevič foi nomeado como primeiro exarca. O 2 de maio de 1942 Haroška foi elixido membro da dirección do exarcado e converteuse en vice-exarca. Porén, o exarcado foi de curta duración, e foi desmantelado polas autoridades nacionalsocialistas nese ano. O mesmo Haroška acusaba a relixiosos ortodoxos de ter delatado ao exarca.
Durante a segunda guerra mundial viviu en Baranavičy, e traballou de mestre de latín e belaruso en escolas, comercios e xornais; e participu no Segundo Congreso dos Belarusos que tivo lugar en Minsk en 1944. Despois da guerra formou parte da gran migración cara ao oeste, chegando a Berlín e posteriormente a Múnic, onde organizou a pastoral cos belarusos.
Dende o outono de 1945 viviu en Roma, onde en 1946 publicou a revista relixiosa en belaruso «Božym šliacham». O 16 de outubro de 1946 a Congregación para as Igrexas Orientais nomeouno reitor da Misión Católica Belarusa en Francia. Entre 1947 e 1957 viviu en París, e seguiu a editar alí a revista Božym šliacham. Posteriormente regresou a Roma, onde fixo o noviciado en 1959 coa Congregación dos Padres Marianos. En 1960 o bispo Časlaŭ Sipovič nomeouno reitor da Misión Católica Belarusa en Gran Bretaña, e entre 1962 e 1969 foi tamén abade da casa dos Padres Marianos en dita localidade, recibindo en 1965 a dignidade de arquimandrita. .
Tomou un papel moi activo en Londres, participando na vida cultural e relixiosa dos belarusos. Foi membro da Asociación de Belarusos en Gran Bretaña e participou no ХІV Congreso de "Axuda á Igrexa Necesitada" en Königstein (1964).
Entre 1970 e 1977 dirixiu a sección belarusa de Radio Vaticano, . . e foi reitor novamente da Misión Belarusa en Francia. O arquimandrita Leŭ Haroška finou no hospital en París, o 28 de xullo de 1977. Foi enterrado o 4 de agosto no cemiterio de St Pancras de Londres.
Notas
Categoría:Nados en 1911 Categoría:Nados na rexión de Hrodna Categoría:Finados en 1977 Categoría:Marianos da Inmaculada Concepción Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica bizantina belarusa Categoría:Sacerdotes católicos de Belarús Categoría:Relixiosos católicos de Belarús Categoría:Sacerdotes católicos do século XX Categoría:Alumnos da Universidade Católica Ucraína Categoría:Alumnos da Universidade de Innsbruck