El Mendo foi un xornal editado en Betanzos entre 1890 e 1891.

Traxectoria Subtitulado Diario de la Tarde, apareceu en maio de 1890,A Monteira, 24-5-1890, p. 3, da conta da recepción do "novo periódico de Betanzos El Mundo". fundado pola antiga redacción de El Valdoncel. O director e propietario era Adolfo Vázquez Gómez e o administrador Julio Romay Rodríguez. Os redactores eran José Alguero Penedo, Juan Gómez Navaza e Ramón Sanjurjo Ossorio. Entre os seus colaboradores figurou Roque Ponte Peña. En novembro de 1890 fusionouse con El Valdoncel, e a nova publicación conservou o título de El Mendo coa dirección de Adolfo Vázquez Gómez.El Regional, 24-11-1890, p. 1. Cesou a súa publicación co número 489, correspondente ao 29 de decembro de 1891.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas El Mendo na Hemeroteca de Betanzos

Categoría:Prensa escrita de Betanzos Categoría:1890 en Galicia