Joaquín Óscar Alarcón Larrivey, nado en Gualeguay (Entre Ríos) o 20 de agosto de 1984, é un futbolista arxentino que xoga na demarcación de dianteiro centro. Actualmente xoga no Baniyas SC dos Emiratos Árabes Unidos.

Traxectoria Debuta profesionalmente na Arxentina co CA Huracán, equipo co que ascendeu a primeira división en 2007, a mediados dese ano foi traspasado ao Cagliari Calcio italiano. Porén neste equipo non chega a ter continuidade polo que sae cedido, primeiro ao CA Vélez Sarsfield e despois ao CA Colón de Santa Fe, finalmente rescinde o seu contrato co Cagliari en 2012 e tras un paso breve polo Atlante FC de México ficha polo Rayo Vallecano por unha tempada. No equipo español fai unha segunda parte do campionato espectacular marcando 12 goles, polo que chama a atención de varios equipos. En xuño de 2014 fichou polo Celta de Vigo.

Palmarés Título Club País AnoTorneo ClausuraVélez Sársfield Arxentina2009

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de siareiros de Larrivey

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados na provincia de Entre Ríos Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CA Huracán Categoría:Xogadores do Cagliari Calcio Categoría:Xogadores do CA Vélez Sarsfield Categoría:Xogadores do CA Colón de Santa Fe Categoría:Xogadores do CF Atlante Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Baniyas SC