L'Escala é un municipio da comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona, Comunidade Autónoma de Cataluña, España. Está situado na metade norte da Costa Brava e nela atópanse as ruínas da cidade grecorromana de Empúries.

Xeografía A vila de l'Escala está situada ao sur do Golfo de Roses, entre a antiga garganta do río Fluvià e Cala Montgó. Limita ao sur co municipio de Torroella de Montgrí.

O núcleo antigo de l'Escala está entre o mar Mediterráneo e un conxunto de outeiros dos últimos contrafortes do norte do macizo do Montgrí.

Xeoloxicamente o terreo é eminentemente calcario, con restos de limos e arxilas máis superficiais.

Demografía As entidades de poboación do municipio son: L'Escala, Cinc Claus, Les Corts e Sant Martí d'Empúries.

Economía Inicialmente, a economía da vila baseábase na pesca. A praia de l'Escala utilizábase como porto e a vida de todos os habitantes xiraba arredor da pesca. Máis modernamente construíuse un porto pesqueiro e deportivo na zona de Riells. Actualmente, a economía baséase no turismo, como se pode comprobar pola gran cantidade de casas de veraneo e hoteis. Aprovéitanse a fondo as paisaxes naturais da vila e as ruínas de Empúries.

O produto máis característico de l'Escala son as anchoas con Denominación de Orixe. É tal a popularidade deste peixe que moitas tendas da vila dedícanse exclusivamente á súa venda.

Lugares de interese Declarados bens culturais de interese nacional: Alfolí de la Sal, do século XVII. Hai un proxecto para convertelo en museo e arquivo local.El Punt Un edifici històric del segle XVII 30/10/2010. Consulta 30/10/2010 Castelo de Cinc-claus Torres de vixilancia e defensa: Torre d'en Montgó, Torre del Perxel, Torre del Pedró e as torres de les Corts. Cemiterio vello ou marino. Empúries, xestionado polo Museo de Arqueoloxía de Cataluña. Conxunto histórico de Sant Martí d'Empúries Museo da Anchoa e do Sal Museo da moto de l'Escala Casa de Pescadores Can Cinto Xuà

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial do concello de l'Escala Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya