Andócides (en grego Ἀνδοκίδης), nado ca. -440 e finado en -390, foi un dos primeiros oradores áticos, membro dunha antiga familia aristocrática ateniense que se facía descender do deus Hermes. Foi acusado de tomar parte na mutilación dos hermas en -415 e de profanar os Misterios de Eleusis. Obra Chegaron ata os nosos días tres dos seus discursos: O primeiro, Sobre o seu regreso, pronunciado na ekklesía probabelmente en -410, cando avogou sen éxito que se suprimise a limitación dos seus dereitos. O segundo, Sobre os misterios, foi escrito en -399, cando, trala rehabilitación nos seus plenos dereitos pola amnistía de -403, se defendeu con éxito contra a pretensión de que continuase suxeito á anterior limitación (o sexto discurso das obras de Lisias parece que é parte do proceso); é interesante como relato ocular dun suceso curioso na historia de Atenas. O terceiro discurso, Sobre a paz, é un discurso político que insta á paz con Esparta en -390, o cuarto ano da Guerra de Corinto. Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Hermocópidas.

Ligazóns externas Textos gregos de Andócides en Wikisource. Sobre su regreso (Περί τῆς ἑαυτού καθόδου). Texto francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011). Cada número de parágrafo é rótulo activo que serve para cambiar ao grego. Texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe). Texto grego no sitio de Philippe Remacle. Cada número de parágrafo é rótulo activo que serve para cambiar ao francés. Texto grego en Wikisource. Sobre os misterios (Περί τῶν μυστηρίων). Texto francés no sitio de Ph. Remacle. Cada número de parágrafo é rótulo activo que serve para cambiar ao grego. Texto inglés no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes. Texto grego no sitio de Ph. Remacle. Cada número de parágrafo é rótulo activo que serve para cambiar ao francés. Texto grego en Wikisource. Sobre a paz cos lacedemonios (Περί τῆς πρὸς Λακεδαιμονίους εἰρήνης). Texto francés no sitio de Ph. Remacle. Cada número de parágrafo é rótulo activo que serve para cambiar ao grego. Texto inglés no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes. Texto grego no sitio de Ph. Remacle. Cada número de parágrafo é rótulo activo que serve para cambiar ao francés.. Texto grego en Wikisource. Contra Alcibíades (Κατὰ Ἀλκιβιάδου). Texto francés no sitio de Ph. Remacle. Cada número de parágrafo é rótulo activo que serve para cambiar ao grego. Texto inglés no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes. Texto grego no sitio de Ph. Remacle. Cada número de parágrafo é rótulo activo que serve para cambiar ao francés. Texto grego en Wikisource. Lisias: Contra Andócides (Κατά Ἀνδοκίδου ἀσέβειας). Texto inglés no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes. Texto grego en Wikisource.

Categoría:Oradores áticos Categoría:Escritores da literatura clásica Categoría:Personalidades da Grecia antiga Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Guerra do Peloponeso