Pyrodictium é un xénero de microorganismos do dominio das arqueas pertencente á familia Pyrodictiaceae. É un xénero de arqueas hipertermófilas submarinas con temperaturas óptimas de crecemento de 80 a 105 °C. Forman unha estrutura celular única constituída por unha rede de cánulas e células discoidais planas. Os Pyrodictium encóntranse nas paredes porosas das chemineas termais do océano profundo nas que a temperatura interna chega a 400 °C, mentres que as contornas mariñas no exterior tipicamente están a 3 °C. Pyrodictium aparentemente pode adaptarse morfoloxicamente a este tipo de hábitat quente-frío.

Estrutura celular e metabolismo As células de Pyrodictium foron estudadas como modelo de estabilidade térmica. A estrutura das células é a dun disco plano, irregular, de 3 a 25 nanómetros de diámetro. As células crecen formando estruturas peculiares con forma laminar que se manteñen xuntas por medio dunha rede de cánulas (túbulos) ocos. As cánulas ramifícanse e conéctanse con outras células, estendéndose bastante. Aínda que se descoñece a razón exacta desta morfoloxía, é probable que o grao de movemento proporcionado polas cánulas permita que as células se movan libremente pola enerxía térmica do extremo calor do ambiente onde vive o organismo. O gran tamaño das células pode facilitar que Pyrodictium more nos poros que hai nas paredes das chemineas termais submarinas.

Analizouse a estabilidade térmica dos ARNt de illados de Pyrodictum occultum, e atopouse que modificacións nos nucleósidos permiten que o organismo soporte temperaturas por riba dos 100 °C.Ushida, C. et al. Structural feature of the initiator tRNA gene from Pyrodictium occultum and the thermal stability of its gene product tRNA. Abstract. Biochemie vol 78(10) 1996. 847-855. PMID 9116054.

Estudouse o metabolismo de Pyrodictium brockii entre outras especies, o cal crece optimamente a 105 °C e é un autótrofo de hidróxeno-xofre, que se caracteriza por oxidar H2 con S0 para producir ATP e H2S.T D Pihl, L K Black, B A Schulman, e R J Maier. Hydrogen-oxidizing electron transport components in the hyperthermophilic archaebacterium Pyrodictium brockii. J Bacteriol. Jan 1992; 174(1): 137–143. PMCID PMC205687.

Ecoloxía Membros de Pyrodictium viven nas chemineas termais submarinas profundas, e foron descubertos en 1979. A súa importancia ecolóxica segue a ser un misterio debido á dificultade de recoller mostras que poidan proporcionar datos sobre a abundancia e diversidade destes extremófilos.Ver no NCBI a páxina para Pyrodictium. Datos extraídos de

Notas

Véxase tamén Bibliografía Revistas científicas

Bases de datos científicas

Ligazóns externas

Categoría:Arqueas