Methanopyrus é un xénero de microorganismos do dominio das arqueas da familia Methanopyraceae.Ver no NCBI a páxina para Methanopyrus. Datos extraídos de

Methanopyrus é un xénero de metanóxenos, do que só se describiu unha especie, Methanopyrus kandleri. É un hipertermófilo, descuberto na parede dunha cheminea negra no Golfo de California a unha profundidade de 2.000 m, a temperaturas de 84–110 °C. A cepa 116 descubriuse no fluído dunha cheminea do campo hidrotermal Kairei; pode sobrevivir a 122 °C. Vive nun ambiente rico en hidróxeno e dióxido de carbono, e, como outros metanóxenos, reduce este último a metano. Está situado dentro dos Euryarchaeota na súa propia clase, Methanopyri, e orde, Methanopyrales.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Revistas científicas

Libros científicos

Bases de datos científicas

Ligazóns externas

Categoría:Arqueas