Antonio Martínez Sánchez, nado en Barbate (Cádiz) o 15 de decembro de 1951, é un exfutbolista español que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria Comezou a xogar no Atlético Malagueño, filial do CD Málaga, debutando co primeiro equipo na tempada 1970/71 en Primeira División. En 1972 fichou polo CD San Fernando e un ano despois polo Cádiz CF.
No verán de 1975 fichou polo Cacereño, porén antes de que rematara a tempada 1975/76 fichouno o Celta de Vigo para xogar en Segunda División. Esa tempada do seu debut significaría o ascenso do club galego a Primeira División. Militou no Celta nove tempadas, nas que xogou en tres categorías diferentes, Primeira, Segunda e Segunda B durante a tempada 1980/81, pero foi un fixo no equipo titular durante todos eses anos e para tódolos técnicos.
Durante a súa carreira foi internacional coa Selección de fútbol de España en categoría xuvenil, sub-21 e olímpica.
Categoría:Nados en Barbate Categoría:Nados en 1951 Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Xogadores do Atlético Malagueño Categoría:Xogadores do CD Málaga Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do CD San Fernando Categoría:Xogadores do CP Cacereño Categoría:Xogadores do Celta de Vigo