As rodopsinas bacterianas son unha familia proteica de opsinas procarióticas. Son proteínas de tipo retinilideno (que se unen ao retinal), que realizan un transporte de ións dependente da luz e funcións sensoriais nun grupo de arqueas halófilas, as halobacterias e outros procariotas. Son proteínas integrais de membrana con sete hélices transmembrana, a última das cales contén o lugar de unión (unha lisina conservada) para o retinal.

As proteínas deste tipo de halobacterias inclúen a bacteriorrodopsina e a arquerrodopsina, que son bombas de protóns impulsadas pola luz, a halorrodopsina, que é unha bomba de cloruros impulsada pola luz, e a rodopsina sensorial, que media nas respostas de fotoatracción (cara á luz vermella) e fotofobia (cara á luz ultravioleta). Noutras arqueas, bacterias e mesmo en eucariotas atópase a proteína desta familia proteorrodopsina.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Rodopsina Este artigo incorpora texto en dominio público de Pfam e InterPro IPR001425.

Categoría:Dominios proteicos Categoría:Proteínas de membrana

ru:Бактериородопсин