Along Came Polly é un filme estadounidense dirixido e guionizado por John Hamburg que se estreou no 2004. Está protagonizado por Ben Stiller e Jennifer Aniston.

Sinopse Reuben Feffer (Ben Stiller) ten aversión ó risco, pero a súa ordenada e planificada vida complícase cando, durante a súa lúa de mel, a súa muller (Debra Messing) interésase por un musculoso instrutor cubano de submarinismo (Hank Azaria). Ó mesmo tempo, entra en escena Polly (Jennifer Aniston), unha amiga súa da infancia, que o introduce nos deportes de risco, a comida picante e o baile de salsa.

Personaxes Ben Stiller como Reuben Feffer Jennifer Aniston como Polly Prince Debra Messing como Lisa Kramer Philip Seymour Hoffman como Sandy Lyle Alec Baldwin como Stan Indursky Hank Azaria como Claude Missi Pyle como Roxanne Bryan Brown como Leland Van Lew Jsu Garcia como Javier Michele Lee como Vivian Feffer Bob Dishy como Irving Feffer Masi Oka como Wonsuk

Galardóns e nomeamentos 2004: Nomeado ós Premios Razzie: peor actor (Ben Stiller).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Hamburg Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes ambientados no Caribe