O Pharomachrus mocinno é un paxaro da familia dos trogonidae. Atópase dende o sur de México até o oeste de Panamá (a diferenza doutros quetzais do xénero Pharomachrus, que viven no leste de Panamá e América do Sur). É moi coñecido pola súa plumaxe colorida. Ten dúas subespecies, o P. m. mocinno e o P. m. costaricensis.
O pharomachrus mocinno xoga un papel moi importante na mitoloxía de Mesoamérica e é un dos símbolos nacionais de Guatemala, xa que aparece na súa bandeira e emblema. Tamén dá nome á súa moeda.
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Trogoniformes Categoría:Animais descritos en 1832 Categoría:Símbolos de Guatemala Categoría:Aves de América Central Categoría:Aves de Costa Rica Categoría:Aves de Guatemala Categoría:Aves de Honduras Categoría:Aves de México Categoría:Aves de Panamá