A diocese de Yongnian ou Weixian (en latín: Dioecesis Iomnienina) é unha sé da Igrexa Católica Latina sufragánea da arquidiocese de Pequín. A sé está actualmente vacante.

Territorio A diocese abrangue a parte meridional da provincia chinesa de Hebei. A sé episcopal é a cidade de Handan.

Historia O 24 de maio de 1929 foi erixida a prefectura apostólica de Yongnian, co breve Quod Nobis do papa Pío XI, en territorios da vigairía apostólica de Xianxian. Pouco despois, o 6 de marzo de 1933 a prefectura foi eelvada a vigairía co breve Comperimus do mesmo Pío XI.

O 11 de abril de 1946 a vigairía foi elevada a diocese, coa bula Quotidie Nos do papa Pío XII.

O 20 de abril de 1958 foron por primeira vez ordenados en Xianxian algúns bispos sen a autorización da Santa Sé, entre eles un bispo para Yongnian, Wang Shouqian. Estes bispos, xa que logo, non foron recoñecidos pola Igrexa como lexítimos ordinarios das súas dioceses.

O 29 de abril de 1986 foi consagrado bispo, coa aprobación da Santa Sé e do goberno chinés, Chen Bolu, retirándose en 1999 tras consagrar como bispo coadxutor a Stephen Yang Xiangtai; o 14 de novembro de 1989 fora ordenado clandestinamente o bispo Han Dingxiang, arrestado polas autoridades en 1995 e finado en prisión o 9 de setembro de 2007.

O 29 de xuño de 2011 estaba prevista a ordenación episcopal do bispo auxiliar Joseph Sun Jigen, con aprobación chinesa e vaticana. Porén, rexeitou a súa ordenación por parte dun bispo ilexítimo, polo que as autoridades anularon a cerimonia.

Episcopoloxio Joseph Cui Shouxun (1 de xuño de 1929 - 1951 ou 1953, finado) Sé vacante (1951/1953 - 1988) Peter Chen Bolu (29 de abril de 1986, comezou a exercer en maio de 1988 - 17 de setembro de 1999) John Han Dingxiang (14 de novembro de 1989 - 9 de setembro de 2007, finado)Non aceptado polas autoridades, non chegou a exercer libremente. Stephen Yang Xiangtai (1999 - actualidade)

Notas

Categoría:Divisións territoriais católicas na China Categoría:Dioceses da Igrexa católica latina