Juan Antonio Dopazo López, nado en Amoeiro cara a 1900 e finado en Ourense en 1982, foi un fontaneiro e político galego.

Traxectoria Libertario retornado do Uruguai, traballaba de fontaneiro en Ourense. Ingresou no POUM. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasouse ao territorio controlado polo goberno lexítimo. A súa muller Carolina Regueiras foi violada e asasinada o 28 de xuño de 1937. Foi oficial de prisións do Campamento de Mutxamel (Alacant).Ficha de Juan Antonio Dopazo López Coa derrota da República foi detido e xulgado en consello de guerra en Madrid en abril de 1939, foi condenado a 12 anos de prisión. Cumpriu condena nas prisións de Carabanchel, Central de Madrid e Destacamento Penal de Valdemanco, de onde saíu en liberdade condicional o 16 de decembro de 1942.BOE, 15-2-1943, p. 1534. Volveu ser detido en Ourense en outubro de 1948.Registro-Índice de la Población Reclusa (1938-1955). Archivo General de la Administración.

Posteriormente casou con Carmen Rodríguez Nóvoa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Persoeiros da Corporación de Amoeiro na II República: Modesto Santos Pulido e as tráxicas pegadas da represión na parroquia de Bóveda Os heterodoxos do comunismo galego (1931-1936)

Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Amoeiro Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes