San Xoán de Vilamourel é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Paderne. Segundo o IGE en 2013 tiña 127 habitantes (68 mulleres e 59 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 139 habitantes.
Cultura Topónimo Vilamourel é posiblemente un antropónimo de orixe latina e ligado á cristianización. Componese de "vila" e "mourelo", do nome latino Maurellus. Ese nome conta á súa vez cunha raíz prerromana, "mor", que se refire ás rochas ou pedras. Algún autor considerou que o antropónimo é Morille e de orixe totalmente latina. O topónimo xorde entre os séculos VII e X.
Lugares e parroquias Lugares de Vilamourel
Parroquias de Paderne
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Paderne
Categoría:Parroquias de Paderne Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía