Conxo foi un antigo concello de Galicia que funcionou como unidade administrativa entre 1835 e 1925 en que foi anexionado ao concello de Santiago de Compostela.

Xeografía O concello comprendía as parroquias de Conxo, Laraño, Villestro, Figueiras, O Eixo, Aríns, Bando e Marrozos. Parte do actual ensanche compostelán e das actuais parroquias de Vidán, Santa Marta e o Castiñeiriño foron escindidas na súa maior parte da de Conxo.

Lugares de Conxo cara a 1910 En torno a 1910 Conxo estaba composto polas seguintes sesenta e seis entidades de poboación, distribuídas en oito parroquias: San Martiño de Aríns: Andrade, A Cacharela, A Devesa, O Igrexario, O Lobio, A Pena, Sanxuás e A Torre Branca Santa Eulalia de Bando: Bando de Abaixo Santa María de Conxo: Rúa de Conxo, O Casal, Campos de San XoséActualmente, a Rúa de Frei Rosendo Salvado., Castiñeiriño, O Combarro, Conxo de Arriba, Cornes, Choupana, A Fervenza, O Outeiro, Paidacana, O Porto, A Poza Real, A Ponte Pereda, O Rial, Rocha, San Xosé, Torrente e Vidán San Cristovo do Eixo: Bornais, O Eixo e Piñeiro Santa María de Figueiras: Codesedas, Correxíns, Chouchiños, Folgoso, Xulacasa e As Moas de Arriba San Martiño de Laraño: A Barcia, Coira, A Igrexa, Lamas, Pardiñas de Abaixo, Pardiñas de Arriba, Paredes, O Rial, Riobó e Santomil Santa María de Marrozos: Aldrei, Ardagán, Corexo, Gamás, Marrociños, O Sisto e A Susana Santa María de Villestro: Carballal, Carlexo, Feáns, Fraiz, Pedrido, Portela, Quintáns, Reborido, Roxos, Silvouta, Tras Igrexa e Vilastrexe

Historia Constituíuse en 1835 como concello independente. Un acto importante na historia de Conxo é o chamado Banquete de Conxo, que tivo lugar en 1856 con Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre á cabeza. En 1925 foi anexionado ao concello de Santiago de Compostela. O derradeiro alcalde de Conxo foi José Lema Martínez.

Neste concello naceron a poetisa Rosalía de Castro (1837) e o toureiro Eduardo Nogueira Pereira, El Lavadito (1897).

Listaxe dos alcaldes de Conxo Esta é unha listaxe incompleta dos alcaldes que tivo o antigo Concello de Conxo. As datas de goberno expresadas son aproximadas. Algunhas datas foron modificadas con respecto ao traballo de Lema e Vilariño, seguindo as notas de prensa..

Reinado de Isabel II Rexencia de María Cristina de Borbón (29/09/1833 - 17/10/1840) 1837-1839: Domingo Fernández

Rexencia de Espartero (17/10/1840 - 23/07/1843) 1840-1842: Juan Cajide Casal

Maioría de Idade (23/07/1843 - 03/05/1844)

Década Moderada (03/05/1844 - 18/07/1854) 1850-1854: José Fernández Robles

Bienio Progresista (18/07/1854 - 14/07/1856) 04/08/1854-??: suspensión do Concello de Conxo e agregación ao de Santiago 1855-1856: Pedro Rodríguez (1ª vez)

Bienio Moderado (14/07/1856 - 30/06/1858) 1856-1858: Tomás Seoane Pérez

Gobernos da Unión Liberal (30/06/1858 - 02/03/1863) 1858-1860: Pedro Rodríguez (2ª vez) 1860-1862: Domingo Aldrey

Crise Final (02/03/1863 - 19/09/1868) 1863-1863: Manuel Villanueva 1864-1868: Manuel Seoane Suárez (1ª vez)

Goberno Provisional Período que se estende entre o 19 de setembro de 1868 e o 2 de xaneiro de 1871. 1868-1871: Bernardo Fontáns

Reinado de Amadeu I Período que se estende entre o 2 de xaneiro de 1871 e o 11 de febreiro de 1873. 1871-1880: Manuel Seoane Suárez (2ª vez)

Primeira República Período que se estende entre o 11 de febreiro de 1873 e o 29 de decembro de 1874

Restauración borbónica Reinado de Afonso XII (1874 - 1885) 1880-1885: Antonio Vidal Mareque

Rexencia de María Cristina (1885 - 1902) 1885-1887: Domingo Vidal Devesa 1887-1889: Antonio Froilán Rey 1889-1891: Santiago Rey 1891-1892: Diego Albardonedo Varela 1893-1900: Luis Torre de la Calle 1900-1904: Manuel Seoane Suárez (3ª vez)

Reinado de Afonso XIII (1902 - 1923) 26/03/1904-27/08/1904: Ignacio Baliñas Pérez 27/08/1904-01/07/1909: Benito Vidal de la Iglesia 01/07/1909-01/01/1912: José Rey Villanueva 01/01/1912-02/04/1920: José Rivas Seoane 02/04/1920-04/05/1920: José Viaño Vilaseco 04/05/1920-outubro de 1923: Antonio González Botas

Ditadura de Miguel Primo de Rivera (1923 - 1930) outubro a novembro de 1923: Comisión Militar novembro de 1923-11/01/1924: Manuel Cepeda Ruibal 11/01/1924-15/05/1925: José Lema Martínez

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Concello da Enfesta

Categoría:Historia de Santiago de Compostela