José Alonso Obregón, nado en Laza o 13 de febreiro de 1883 e finado no mesmo concello en decembro de 1936, foi un sacerdote, escritor e xornalista galego.
Traxectoria Sacerdote, foi párroco de Taborda até 1911 e colaborou en La Voz del Tecla. Trasladouse despois á parroquia de Cerdedelo, á do Castro de Laza e á de Xinzo de Limia. Asinaba co pseudónimo O Fidalgo de Monterrey. Reuniu varios cadros en galego na obra narrativa costumista N-a miña aldea, que se publicou en Ourense en 1928; nese texto está a primeira descrición dos peliqueiros do entroido de Laza. Colaborou en El Compostelano e Heraldo de Galicia.
Obras N-a miña aldea, 1928.
Notas
Véxase tamén Bibliografía "Alonso Obregón, Xosé" in Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo. "Alonso Obregón, José" in Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Laza Categoría:Nados en Laza Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público