A diocese de Xetafe (en latín: dioecesis Xetafensis) é unha sé da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Madrid. En 2006 tiña 1 229 101 bautizados sobre unha poboación total de 1 365 668 habitantes. O seu bispo actual é Ginés Ramón García Beltrán. Territorio A diocese inclúe parte da Comunidade Autónoma de Madrid.
A sé episcopal é a cidade de Xetafe, onde está a catedral de Santa María Madalena.
O territorio está dividido en 122 parroquias, agrupadas en 13 arciprestados. Historia A diocese foi erixida o 23 de xullo de 1991 coa bula papal Matritensem praeclaram de Xoán Paulo II, con territorio tirado da arquidiocese de Madrid.
O 19 de marzo de 1994 foi creado o seminario diocesano, dedicado a Nosa Señora dos Apóstolos. Episcopoloxio Francisco José Pérez y Fernández-Golfín (23 de xullo de 1991 - 24 de febreiro de 2004, finado) Joaquín María López de Andújar (29 de outubro de 2004 - 3 de xaneiro de 2018, retirado) Ginés Ramón García Beltrán (dende o 3 de xaneiro de 2018)
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en GCatholic.org Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Dioceses da Igrexa católica latina Categoría:Divisións territoriais católicas en España