Salvelinus é un xénero de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos e subfamilia dos salmoninos, que comprende numerosas especies denominadas troitas, moitas delas moi apreciadas na pesca deportiva.

Características A súa forma é a típica da familia, co corpo alongado, fusiforme e musculoso e deprimido nos flancos; a cabeza é afiada cara ao fociño, e está provista de fortes mandíbulas. A aleta adiposa está presente.

A coloración adoita ser parda prateada, con estrías pardas ou de cor area, e con manchas vermellas, no dorso e nos flancos. O ventre é máis claro. No período reprodutivo a coloración dos machos é máis brillante.

As aletas pectorais, pelvianas, anal e a parte inferior das aletas caudais presentan o bordo abrancazado ou de cor crema.

As escamas adoitan seren pequenas, levando de 115 a 200 ao longo da liña lateral.

As dimensións son variábeis, dependendo da especie, indo desde os 15 cm do Salvelinus lonsdalii aos 150 cm da troita lacustre americana (Salvelinus namaycush).

A maioría das especies poden identificarse a simple vista polas pequenas manchas de cor crema, rosada ou vermella que salfiren o seu corpo escuro.

Distribución, hábitat e bioloxía Os Savelinus están presentes na parte setentrional do hemisferio boreal.

Prefiren as augas doces frescas e transparentes. Porén, algunhas especies son anádromas.

Certas destas troitas, de moi pequeno tamaño, viven até os 80 m de profundidade nalgúns lagos.

Os Salvelinus son moi sensíbeis aos cambios na calidade da auga, e algunhas especies, como Salvelinus neocomensis e S. profundus, extinguíronse por esta causa.Red List - Volume 1: Vertebrates (2009) - General assessment for the vertebrate groups

Alimentación Son peixes carnívoros depredadoras. Aliméntanse de larvas de insectos, insectos adultos, pequenos crustáceos, vermes, peixes e crías destes últimos.

Pesca Debido á calidade da súa carne, moitas especies son moi apreciadas na pesca deportiva, e unhas poucas, como a troita lacustre americana, son obxecto de pesca comercial e da acuicultura. En ocasións, algúns espécimes escapan, converténdose en especies invasoras.

Especies O xénero foi descrito en 1836 polo naturalista escocés John Richardson.Salvelinus Richardson, 1836 no WoRMS.

A súa taxonomía, como a de todos os salmónidos, é controvertida. Por exemplo, FishBase, en 2012 recoñecía 51 especies dentro do xénero (inclúense algunhas recentemente extinguidas):Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2012): Species of Salvelinus en FishBase.

† Salvelinus agassizi (Garman, 1885) Salvelinus albus Glubokovksy, 1977 Salvelinus alpinus (Linnaeus, 1758) - Troita ártica.Lahuerta, F. e Vázquez. F. X. (2000), p. 61. S. a. alpinus (Linnaeus, 1758) S. a. erythrinus (Georgi, 1775) S. a. taranetzi (Kaganowsky, 1955) Salvelinus anaktuvukensis Morrow, 1973 Salvelinus andriashevi L. S. Berg, 1948 Salvelinus boganidae L. S. Berg, 1926 Salvelinus colii (Günther, 1863) Salvelinus confluentus (Suckley, 1859) Salvelinus curilus (Pallas, 1814) Salvelinus czerskii Dryagin, 1932 Salvelinus drjagini Logashev, 1940 Salvelinus elgyticus Viktorovsky & Glubokovksy, 1981 Salvelinus evasus Freyhof & Kottelat, 2005 Salvelinus faroensis Joensen & Tåning, 1970 Salvelinus fimbriatus Regan, 1908 Salvelinus fontinalis (Mitchill, 1814) - Troita das fontes. Salvelinus gracillimus Regan, 1909 Salvelinus grayi (Günther, 1862) Salvelinus gritzenkoi Vasil'eva & Stygar, 2000 Salvelinus inframundus Regan, 1909 Salvelinus jacuticus Borisov, 1935 Salvelinus japonicus Ōshima, 1961 (ás veces incluída en S. leucomaenis) Salvelinus killinensis (Günther, 1866) Salvelinus krogiusae Glubokovksy, Frolov, Efremov, Ribnikova & Katugin, 1993 Salvelinus kronocius Viktorovsky, 1978 Salvelinus kuznetzovi Taranetz, 1933 Salvelinus lepechini (J. F. Gmelin, 1789) Salvelinus leucomaenis (Pallas, 1814) S. l. imbrius D. S. Jordan & E. A. McGregor, 1925 S. l. leucomaenis (Pallas]], 1814) S. l. pluvius (Hilgendorf, 1876) Salvelinus levanidovi Chereshnev, Skopets & Gudkov, 1989 Salvelinus lonsdalii Regan, 1909 Salvelinus mallochi Regan, 1909 Salvelinus malma (Walbaum, 1792) - Troita do Pacífico. S. m. krascheninnikova Taranetz, 1933 S. m. malma (Walbaum, 1792) S. m. miyabei Ōshima, 1938 Salvelinus maxillaris Regan, 1909 Salvelinus murta (Sæmundsson, 1909) Salvelinus namaycush (Walbaum, 1792) - Troita lacustre americana. Salvelinus neiva Taranetz, 1933 † Salvelinus neocomensis Freyhof & Kottelat, 2005 Salvelinus obtusus Regan, 1908 Salvelinus perisii (Günther, 1865) † Salvelinus profundus (Schillinger, 1901) Salvelinus salvelinoinsularis (Lönnberg, 1900) Salvelinus schmidti Viktorovsky, 1978 Salvelinus struanensis (Maitland, 1881) Salvelinus taimyricus Mikhin, 1949 Salvelinus taranetzi Kaganowsky, 1955 Salvelinus thingvallensis (Sæmundsson, 1909) Salvelinus tolmachoffi L. S. Berg, 1926 Salvelinus umbla (Linnaeus, 1758) Salvelinus vasiljevae Safronov & Zvezdov, 2005 Salvelinus willoughbii (Günther, 1862) Salvelinus youngeri (Friend, 1965)

Porén o World Register of Marine Species (2014), só admite estas seis:

Salvelinus albus Glubokovsky, 1977 Salvelinus confluentus (Suckley, 1859) Salvelinus fontinalis (Mitchill, 1814) Salvelinus levanidovi Chereshnev, Skopets & Gudkov, 1989 Salvelinus namaycush (Walbaum, 1792) Salvelinus taranetzi Kaganowsky, 1955

Nota: Para outras clasificacións véxanse as bases de datos indicadas nas ligazóns externas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Eschmeyer, W. N. (ed.) (2014): Catalog of fishes: Genera, Species, References. California Academy of Sciences, department Ichtyology. Esteve, Manu (2005): "Observations of spawnig behaviour in Salmoninae: Salmo, Oncorhynchs and Salvelinus". Reviews in Fish Biology and Fischeries 15: 1-21. Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2008): Salmoniformes en FishBase. Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World. 4th ed. Nova York: John Wiley and Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Sepkoski, Jack (2002): "Osteichthyes", en "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletin of American Paleontology 364: 560. HTML texto completo van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos Salmónidos Salmoninos

Ligazóns externas Lista de especies en FishBase. Salvelinus en Fauna Europaea. Salvelinus no SIIT. Salvelinus en ADW. Salvelinus no NCBI.

Categoría:Salvelinus