Shailene Diann Woodley, nada o 15 de novembro de 1991 en Simi Valley, California, é unha actriz estadounidense. Os seus primeiros papeis inclúen a Amy Juergens en The Secret Life of the American Teenager (2008–2013) e a Felicity Merriman no filme de 2005 Felicity: An American Girl Adventure.
O gran salto á fama de Woodley foi The Descendants (2011). A súa interpretación de Alexandra King recibiu eloxios da crítica e recoñecementos, como un Independent Spirit á mellor actriz secundaria e un nomeamento ós Globos de Ouro. No 2013, fixo o papel de Aimee Finecky no filme independente The Spectacular Now, e a súa intepretación valeulle o recoñemento da crítica, gañar un Premio Especial do Xurado e ser nomeada á mellor actriz no Festival de Sundance.
A comezos de 2014, Woodley acadou o recoñecemento internacional por interpretar a Beatrice "Tris" Prior en Divergent, baseado nas novelas da autora Veronica Roth, e a Hazel Grace Lancaster en The Fault in Our Stars, baseado na novela homónima de John Green.
Filmografía Cine Ano Título Papel Notas2011The DescendantsAlexandra "Alex" King2013The Spectacular NowAimee Finecky2014White Bird in a BlizzardKat Connor2014DivergentBeatrice "Tris" Prior2014The Fault in Our StarsHazel Grace Lancaster2015The Divergent Series: InsurgentBeatrice "Tris" Prior
Televisión Ano Título Papel Notas1999Replacing DadLittle GirlTelefilme2001–03The DistrictKristin Debreno3 episodios2001–04Crossing JordanJordan Cavanaugh de nena4 episodios2003Without a TraceClare Metcalf de nenaEpisodio: "Clare de Lune"2003–04The O.C.Kaitlin Cooper de nena6 episodios2004Everybody Loves RaymondSnotty Girl #2Episodio: "Party Dress"2004A Place Called HomeCalifornia "Cali" FordTelefilme2004–05Jack & BobbyChloe Benedict2 episodios2005Felicity: An American Girl AdventureFelicity MerrimanTelefilme2005Once Upon a MattressMollyTelefilme2006My Name Is EarlGwen de nenaEpisodio: "BB"2007CSI: NYEvie PierpontEpisodio: "A Daze of Wine and Roaches"2007Close to HomeGaby TursiEpisodio: "Getting In"2007Cold CaseSarah GundenEpisodio: "Running Around"2007Final ApproachMaya BenderTelefilme2008–13The Secret Life of the American TeenagerAmy JuergensProtagonista2014Top Chef: DuelsEla mesma1 episodio
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Ventura, California Categoría:Nados en 1991