San Miguel de Breamo é unha parroquia que se localiza no centro e no oeste do concello coruñés de Pontedeume. Segundo o IGE en 2013 tiña 317 habitantes (172 mulleres e 145 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 325 habitantes.
Xeografía A parroquia está dividida en dúas partes distantes entre si, de tal xeito que entre as súas dúas zonas están as parroquias de Vilar, Nogueirosa e Ombre. Á área occidental (ó sur da parroquia urbana de Pontedeume e rodeada de Centroña polo oeste e Vilar polo leste) pertencen as localidades de Vista Alegre, O Barro, Cermuzo e As Pedridas; na parte oriental (limítrofe coa parroquia de Taboada en Monfero) localízanse de norte a sur os lugares de Vilamoire, Gunturiz, A Veiga e Allegue.
Historia Eclesiasticamente, en 1789 deixou de ser priorado e integrouse na parroquia de Vilar. En 1884 Breamo e Vilar perderon os barrios e lugares do Picho, Porto, Fontenova, Souto da Vila, Fieitela, Penedos e Aguabar, pois foron anexados á parroquia urbana de Pontedeume.
Patrimonio Igrexa de San Miguel de Breamo.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Breamo
Parroquias de Pontedeume
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pontedeume
Categoría:Parroquias de Pontedeume Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel Categoría:Parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas