Azarug é unha organización xuvenil de esquerdas e independentista das Canarias, situada ideoloxicamente no socialismo e fundada no ano 1992. Os seus obxectivos políticos son a liberación nacional das Canarias e a transformación da sociedade.

Historia Azarug nace en Tenerife en 1992 coa unión dos membros do Congreso Nacional de Canarias (CNC) e do FREPIC-AWAÑAK para tentar superar as rivalidades entre estas dúas agrupacións políticas.

Posteriormente uniuse ao proxecto persoas doutros colectivos, coma Izquierda Verde - Izegzawen.

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial do Azarug

Categoría:Forzas políticas das Canarias Categoría:Nacionalismo canario