O Hamburg Freezers é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Hamburgo (Alemaña). O equipo compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo alemán, a Deutsche Eishockey Liga (DEL), e xoga os seus partidos como local no Barclaycard Arena, un pavillón con capacidade para 13.000 espectadores.

Historia O equipo foi fundado na cidade de Múnic en 1999 baixo o nome de München Barons, mais o propietario da franquía bávara e tamén propietaro do Eisbären Berlin, Philip Anschutz, deciciu trasladala a Hamburgo o 3 de xuño de 2002 por problemas economómicos.

En 2004 chegou o maior éxito da franquía, cando chegou ás semifinais da DEL, nas que caeu fronte aos Frankfurt Lions por 3 partidos a 2. En 2014, logo de ter finalizado a liga regular en primeira posición, chegou ás semifinais dos play-offs polo título, mais perdeu fronte ao ERC Ingolstadt por 4 a 2.

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos da Deutsche Eishockey Liga