El Eco de la Verdad foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1868 e 1869.
Historia e características Subtitulado Revista semanal, científica y literaria, apareceu o 7 de marzo de 1868. Publicábase os sábados. Órgano do tradicionalismo compostelán máis clerical, de simpatía carlista. Dirixido por Antonio López Ferreiro e editado por José María Paredes, entre os seus colaboradores figuraron Narciso Cepedano, Ovilo y Otero, Fernando de la Vega, Oviedo Arce, Miguel Eleizequi e José Lafuente. Tiña seccións agrícolas, instrutivas, relixiosas, recreativas, de antigüidades ou variedades, artigos históricos, científicos, bibliográficos, relixiosos e de investigación. O último número coñecido é o 66, que se publicou o 22 de xuño de 1869.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela
Categoría:1868 en Galicia Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas en lingua castelá