As células centroacinares son células con forma de fuso situadas no páncreas exócrino. As células centroacinares son unha extensión das células do ducto intercalado que entran na luz dos acinos pancreáticos. Os ductos intercalados captan bicarbonato dos ductos intralobulares, que orixinan os ductos lobulares. Estes ductos lobulares finalmente converxen para formar o conduto pancreático principal. As células centroacinares distínguense nos cortes histolóxicos por teren unha tinguidura pálida. Vistas ao microscopio electrónico teñen unha densidade moi baixa no citoplasma e poucos orgánulos.D. W. Fawcett. Tratado de Histología. 11ª edición. McGraw Hill-Interamericana. Páxina 732. ISBN 84-7605-361-4.
Estas células coñécense comunmente como células do ducto, e segregan unha solución acuosa de bicarbonato baixo a estimulación da hormona secretina. Tamén segregan mucina.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas AnatomyAtlasesMicroscopic 10 213 - "Pancreas" BUHistology 10406loa - "Liver, Gall Bladder, and Pancreas: pancreas, centroacinar cells" UIUCHistologySubject 870
Este artigo incorpora textos en dominio público de Gray's Anatomy.
Categoría:Histoloxía