Os cetartiodáctilos (Cetartiodactyla) son un clado de mamíferos placentarios que reúne as antigas ordes dos cetáceos (Cetacea) e dos artiodáctilos (Artiodactyla).

Os cetáceos son os golfiños, baleas e semellantes. Os artiodáctilos identifícanse cos animais ungulados de pezuños fendidos, como os camelos, as vacas, os cervos, o porcos e os hipopótamos, entre outros.

Taxonomía Clasificación O clado contén os seguientes taxons, que figuran aquí coa categoría que recibiron clasicamente: Orde Cetacea Suborde Mysticeti Suborde Odontoceti Orde Artiodactyla Suborde Suina Suborde Tylopoda Suborden Ruminantia

Notas taxonómicas O World Register of Marine Species dálle aos Cetartiodactyla a categoría de orde, polo que habería que considerar aos cetáceos e aos artiodáctilos como subordes.Cetartiodactyla no WoRMS. Pola súa parte, a Animal Diversity Web outorga a este grupo a categoría de superorde, incluído as ordes de cetáceos e artiodáctilos.Cetartiodactyla en ADW.

Filoxenia Durante moito tempo, a hipótese dominante sobre a orixe dos cetáceos situábaos nos mesoniquios (Mesonychia), unha orde extinta de ungulados carnívoros estreitamente emparentados cos artiodáctilos.

Fósiles recentes encontrados en Paquistán e asignados aos xéneros Pakicetus e Ambulocetus, viñeron a confirmar que os cetáceos evolucionaron a partir de artiodáctilos, cando estes xa se diferenciatan dos seus antepasados mesoniquios.

Os primeiros indicios desta relación xurdiron contra 1990, pola comparación de moléculas e xenes entre mamíferos actuais. As probas dun parentesco específico cos hipopótamos, que son artiodáctilos, non son, porén, concluíntes. En calquera caso, os hipopótamos ofrecen unha imaxe aproximada de como deberon ser as primeiras formas dos cetáceos. O cladograma seguinte mostra estas supostas relacións:Order Cetartiodactyla. Even-toed ungulates... and whales! en ultimateungulate miniatura|300px|Cladograma mostrando as relacións entre os Cetartiodactyla.

O seguinte cladograma baséase na análise de Gatesy et al. de 2013, e tan só difire do anterior no seguinte:John Gatesy, Jonathan H. Geisler, Joseph Chang, Carl Buell, Annalisa Berta, Robert W. Meredith, Mark S. Springer & Michael R. McGowen (2013): "A phylogenetic blueprint for a modern whale" Molecular Phylogenetics and Evolution 66 (2): 479-506. Resumo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Montgelard, C; F. M. Catzeflis & E. Douzery (1997): "Phylogenetic Relationships of Artiodactyls and Cetaceans as Deduced from the Comparison of Cytochrome b and 12s rRNA Mitochondrial Sequences" Mol. Biol. Evol. 14 (5):‎ 550-559. Resumo. Price, S. A.; O. R. P. Bininda-Emonds & J. L. Gittleman (2005): "A complete phylogeny of the whales, dolphins and even-toed hoofed mammals (Cetartiodactyla)". Biological Review 80 (3): 445-473. Resumo.

Outros artigos Euungulata Artiodáctilos Cetáceos

Ligazóns externas Order Cetartiodactyla. Even-toed ungulates... and whales! en ultimateungulate Explore the Family Tree. Uncovering ungulate taxonomy en ultimateungulate Darren Naish (13 de xuño de 2010): A ‘consensus cladogram’ for artiodactyls Cetartiodactyla no WoRMS. Cetartiodactyla en ADW

Categoría:Mamíferos