Aduaneiros sem fronteiras (ADS) foi un proxecto gráfico galego de humor e retranca creado en 2003 e orientado á análise social, política e cultural. Publicouse nun formato blog actualizado con periodicidade irregular pero constante. Foi un proxecto do programador Berto Yáñez e o deseñador Pancho Lapeña. Finalmente, o blog pechou en 2007.
Historia O proxecto Obra Social forneceuse das colaboracións orixinais de todos aqueles que desexaron participar e publicar os seus traballos baixo unha licenza Creative Commons. Desenvolvéronse así iniciativas de diversa índole como unha colección de tipografías galegas e a primeira edición do "Concurso de Fotografía Anecdótica Galega".
O blog tivo unha grande acollida entre o blogomillo e era un referente en Galiza en deseño gráfico e implicación coa actualidade do país feita cun retranqueiro humor contra as iconas de Galiza. Publicaron caricaturas de persoeiros como Rosalía de Castro ou Moncho Reboiras e retranqueiras interpretacións dos tópicos do país. Os seus deseños gañaron sona e difusión co tempo. Os usuarios axudaron a darlle publicidade.
Fixeron e venderon camisolas con deseños propios, algúns dos cales aínda se seguen a vender. Un exemplo é unha camisola co lema "GA LEGO", facendo un xogo de palabras co logo e a tipografía de Lego.
O peche do blog Nunha entrada baixo o título Tu quoque Iolanda?, Aduaneiros sem fronteiras amosaba a unha muller representada como unha boneca cun coitelo ensanguentado na man ao lado dun vestidor. No debuxo podíase clicar para ir trocando as roupas. O deseño foi identificado con Iolanda Castaño.
A caricatura estivo sete meses acumulando comentarios, máis de oitenta, e sona nas redes. Foi interpretada como unha crítica a Iolanda Castaño, que tiña participado nunha homenaxe a Isaac Díaz Pardo cando fora apartado da dirección de Sargadelos e pouco tempo despois aceptou un posto en Sargadelos dirixindo a galería na Coruña. O título da entrada foi a frase dita por Xulio César cando o seu fillo Bruto o acoitelabaUna web cierra por una caricatura y los comentarios sobre Yolanda Castaño, El País, outubro de 2007 ..
Iolanda Castaño ofendeuse por catro ou cinco dos comentarios que había na entrada do blog. O seu avogado solicitou a retirada do debuxo e tódolos comentarios ameazando cunha demanda xudicial por delitos de inxurias con publicidade, dando un prazo de dez días para o seu cumprimento"Sorprendeulles aos Aduaneiros que me molestase que me insulten?" Iolanda Castaño, Vieiros, novembro de 2007..
Aduaneiros sem fronteiras publicou unha entrada no blog con respecto á situación, ofrecéndose a súa avogada a borrar tódolos comentarios mantendo a caricatura. A proposta non foi aceptada e os autores do blog botaron o peche o 16 de outubro de 2007, que resultou ser definitivo.
O blog pechou non só deixando de actualizarse, senón que os seus contidos deixaron de estar en liña e foron os propios usuarios os que gardaron as creacións e continuaron coa súa difusión.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "Tu quoque Iolanda? (ou pola liberdade de expresión IV)", no blog O mundo desde un chimpín.
Categoría:Activismo social Categoría:Deseño gráfico Categoría:Blogs Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes