NGC 5102 é unha galaxia do grupo galáctico Centaurus A/Grupo M83. Foi descuberta por John Frederick William Herschel no ano 1835.

Métodos da medida da distancia Polo menos utilizáronse dúas técnicas para medi-la distancia ata NGC 5102. A técnica de medición de distancias mediante as flutuacións superficiais do brillo estima a distancia para galaxias en espiral baseándose na granulación do aspecto dos seus núcleos. A distancia estimada para NGC 5102 usando esta técnica foi de 13,0 ± 0,8 Mal (4,0 ± 0,2 Mpc). Pero, NGC 5102 tamén está o suficientemente preto coma para usa-lo método da xigante vermella máis brillante para estima-la súa distancia. A distancia estimada para NGC 5102 usando está técnica foi de 11,1 ± 1,3 Mal (3,40 ± 0,39 Mpc). A media dos dous métodos dá unha estimación para a distancia de 12,1 ± 0,7 Mal (3,70 ± 0,23 Mpc).media(4,0 ± 0,2, 3,40 ± 0,39) = ((870 + 760) / 2) ± ((602 + 802)0,5 / 2) = 820 ± 50

Notas

Ligazóns externas

Categoría:Galaxias lenticulares Categoría:Constelación de Centaurus Categoría:Centaurus A/Grupo M83