Santa María de Conxo é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela na comarca de Santiago. Segundo o IGE, en 2013 tiña 502 habitantes (252 mulleres e 250 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 1999, cando tiña 576 habitantes.
Xeografía Está situada ao suroeste do centro urbano da cidade, á beira do río Sar.
Historia No castriño de Conxo consérvanse restos do poboado castrexo, e nel hai unha rocha con diferentes petróglifos.
Xa no século X apareceu o núcleo de poboación arredor da Igrexa da Nosa Señora da Mercé de Conxo. O castelo da Rocha Forte foi construído no século XIII e foi destruído na Gran Guerra Irmandiña.
Trala división territorial de España en 1833 Conxo constituíuse como concello de seu. En 1837 naceu en Cornes a escritora Rosalía de Castro. En 1856 tivo lugar o Banquete de Conxo, ao que asistiron entre outros Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre. En 1873 saíu da estación de Cornes o primeiro ferrocarril de Galicia, con destino Carril.
Anexo á igrexa estaba o mosteiro de Santa María, abandonado trala desamortización, e no que o cardeal Miguel Payá creou en 1885 o Hospital Psiquiátrico de Santiago de Compostela. En 1925 o concello de Conxo pasou a formar parte do de Santiago de Compostela.
En 1957 os lugares do Castiñeiriño, O Combarro, O Casal e Outeiro pasaron a formar parte da nova parroquia do Castiñeiriño.
Cultura Existe unha locución moi común referida a Conxo: Vaiche na misa en Conxo, que se di cando alguén non está, e vai tardar en chegar. Segundo Eladio Rodríguez, a expresión provén de cando foi asasinado o arcebispo Sueiro, en 1366, no contexto duns graves enfrontamentos polos que se ordenou o peche de tódalas igrexas de Santiago. En consecuencia, os composteláns tiñan que ir a misa a Conxo, daquela lonxe da cidade, polo que tardaban moito en ir e volver..
En setembro celebran a festa na honra a San Serapio.
Economía En Conxo ten a súa sede a multinacional galega das telecomunicacións Televés. miniatura|300px|Anoitecer en Santiago dende A Rocha Vella.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Conxo
Parroquias de Santiago de Compostela
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Concello de Conxo Lugares de Santiago de Compostela
Categoría:Parroquias de Santiago de Compostela Categoría:Localidades do Camiño Portugués Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María