San Cristovo da Enfesta é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2018 tiña 693 habitantes (370 mulleres e 323 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, 74 menos ca en 1999.

Etimoloxía O topónimo Enfesta é un orónimo que indica un terreo irregular con bastante pendente.

Historia Entre 1836 e 1962 foi capital do concello da Enfesta, que foi anexionado ao de Santiago de Compostela.

Patrimonio A igrexa de San Cristovo da Enfesta foi fundada no ano 1923. Ten unha planta simple e a fachada conta cunha torre con dúas campás. Hai unha estatua de San Cristovo que sacan de procesión o día da festa na segunda semana de xullo.

Aos arredores da igrexa encóntrase o cemiterio, a casa do cura e un cruceiro que foi feito na mesma data que a igrexa.

Lugares e parroquias Lugares da Enfesta

Parroquias de Santiago de Compostela

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Santiago de Compostela

Categoría:Parroquias de Santiago de Compostela Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cristovo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía