Julio José Camba Machado, coñecido como Julio, nado en Vilalba (Terra Chá) o 6 de xuño de 1996, é un futbolista profesional galego que xoga de defensa central no Viveiro Club de Fútbol.
Traxectoria Formado nas categorías inferiores do Club Deportivo Lugo, Julio é convocado por vez primeira co primeiro equipo o 22 de decembro de 2012, momento no que tiña tan só 16 anos, na vitoria a domicilio ante o Centre d'Esports Sabadell Futbol Club por 0-1 con gol de Óscar Díaz. Con todo, non chegaría a xogar. Tampouco debutaría na súa seguinte convocatoria, esta vez tres meses despois ante o Club Deportivo Mirandés, partido que remataría con derrota do equipo albivermerllo. Non volvería a ser convocado até máis dun ano despois, o 15 de outubro de 2014, esta vez nun encontro de Copa do Rei que enfrontaría aos lucenses ante o Real Betis Balompié no Benito Villamarín que se saldaría con derrota na rolda de penaltis.
O seu debut co primeiro equipo chegaría moi pouco despois, xa que o 9 de novembro de 2014 sae como titular ante o Sabadell no Anxo Carro, tras a lesión de Jon García e a ausencia por acumulación de tarxetas de Lolo Pavón. Tras o partido foi considerado polos medios de prensa como mellor xogador do encontro por parte do club lucense, nun partido que remataría cunha vitoria por 2-1 con goles por parte dos locais de David Aganzo e doutro canteirán lucense, Iago Díaz. Tras o partido o adestrador Quique Setién destacaría sobre el:
O 9 de xullo de 2015 o Club Deportivo Lugo anuncia a súa cesión á Unión Deportiva Somozas da Segunda División B.
Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesLugoSegunda2014-201510SomozasSegunda B2015-201600
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en scoresway.com
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Futbolistas de Vilalba Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Lugo B Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores da UD Somozas Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes