miniatura|Dominio C-terminal dunha tropomodulina. A tropomodulina é unha proteína que se une á actina que regula a elongación e despolimerización dos microfilamentos por bloqueo do extremo (-) do polímero. A proteína funciona bloqueando fisicamente a disociación espontánea dos monómeros de actina unidos a ADP no extremo (-) da fibra de actina. A súa presenza é especialmente salientable en asociación coa actina dos filamentos delgados do músculo estriado. En ensaios feitos en tecido embrionario de polo, a inactivación da tropomodulina por adición de anticorpos específicos produce unha clara elongación dos microfilamentos no seu extremo (-), e unha redución na capacidade de contracción celular; este feito suxire cal é a súa función en ambos os procesos: a contracción muscular e o control da lonxitude da actina F. En humanos describíronse catro xenes que codifican tropomodulinas, que son: TMOD1, TMOD2, TMOD3 e TMOD4.

Notas

Categoría:Citoesqueleto Categoría:Proteínas