Carlo Caffarra, nado o 1 de xuño de 1938 en Samboseto (concello de Busseto, na provincia de Parma (Italia)) e finado o 6 de setembro de 2017 en Boloña, foi un cardeal da Igrexa Católica, arcebispo de Boloña dende 2003. Traxectoria Carlo Caffarra naceu o 1 de xuño de 1938 en Samboseto, unha localidade do concello de Busseto (hoxe na provincia de Parma, Emilia-Romaña). O 2 de xullo de 1961 foi ordenado sacerdote da diocese de Fidenza polo bispo Guglielmo Bosetti.
O 8 de setembro de 1995 foi nomeado arcebispo de Ferrara-Comacchio. Recibiu a consagración episcopal o 21 de outubro, de mans do arcebispo de Boloña Giacomo Biffi, e tendo como co-consagrantes a Giovanni Battista Re e a Carlo Poggi.
O 16 de decembro de 2003 foi nomeado arcebispo de Boloña polo papa Xoán Paulo II. No consistorio do 24 de marzo de 2006 o papa Bieito XVI creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de San Giovanni Battista dei Fiorentini.
Obra
Obras colectivas
Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados na provincia de Parma Categoría:Bispos católicos de Italia Categoría:Cardeais de Italia Categoría:Cardeais creados por Bieito XVI Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Escritores de Italia Categoría:Escritores de literatura relixiosa Categoría:Alumnos da Universidade Católica do Sagrado Corazón Categoría:Bispos da Igrexa católica latina