Craig Patterson, nado en Gloucester o 7 de setembro de 1973 é un tradutor e investigador angloirlandés, especializado na cultura galega.
Traxectoria Licenciado en Estudos Hispánicos na Universidade de Birmingham en 1996, e doutor en 2002 pola Universidade de Oxford coa tese Galician Cultural Identity in the Works of Ramón Otero Pedrayo. Foi profesor nas universidades británicas de Oxford, Birmingham, Stirling e Cardiff, así como presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos entre 2009 e 2012. É membro correspondente da Real Academia Galega.
Ten colaborado en diversos medios (Vieiros, Praza Pública, Luzes, Anuario de Estudos Literarios Galegos, Grial e A Trabe de Ouro), residindo na Coruña. Centrou a súa investigación en estudos galegos, deténdose especialmente na época da Xeración Nós e nas figuras de Ramón Otero Pedrayo e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Exerce como profesor e tradutor.
Obra publicada Ensaio Galician Cultural Identity in the Works of Ramón Otero Pedrayo, 2006, Mellen.Tradución ao galego de Xabier Cid co título O devalar da idea , 2008, Colección Fundación Otero Pedrayo, Editorial Galaxia.
Traducións On a Bender (A esmorga), de Eduardo Blanco Amor, 2012, Planet. New York: Sky and Apple, de Francisco Xosé Fernández Naval, 2017. Forever in Galicia (Sempre en Galiza), de Castelao, 2018, Francis Boutle Publishers.Ficha de Forever in Galicia na páxina web da editorial. Home is Like a Different Time (A Veiga é como un tempo distinto), de Eva Moreda, 2019, Francis Boutle Publishers.
Traducións colectivas Things (Cousas), de Castelao, 2001, Planet.
Premios Premio English PEN Translates Award por Home is Like a Different Time en 2019. Premio Ostana (Scritture in lingua madre) polo seu traballo de tradución da literatura galega ao inglés, en 2019.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil do autor en Praza Pública. Perfil en Vieiros.
Categoría:Galicianistas Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Gloucestershire Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Tradutores do galego Categoría:Tradutores ao inglés