Mateo Torres Bestard, nado en Palma en 1891 e finado na mesma cidade o 6 de agosto de 1969, foi un militar e político español.
Traxectoria Ingresou na Academia de Infantaría en 1907. Ascendeu a capitán en 1917 e participou na campaña de Marrocos. Regresou a Mallorca en 1927 e obtivo a graduación de comandante en 1930. Foi axudante do xeneral Francisco Franco cando foi comandante militar das Baleares (1933). Presidiu a Xunta Divisionaria que preparou en Mallorca o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e foi nomenado xefe do Centro de Mobilitzación. Cando se iniciou a Guerra Civil foi xefe provincial de milicias e gobernador civil das Baleares (outubro de 1936 a maio de 1937). Logo foi trasladado a Sevilla. En maio de 1937 foi nomeado primeiro delegado nacional de organizacións xuvenís en Salamanca. O 14 de setembro dese ano foi nomeado gobernador civil de Pontevedra.Diario de Pontevedra, 24-9-1937, p. 2. Permaneceu no cargo até marzo de 1939. Coa graduación de coronel, foi xuíz eventual das Baleares (1943-1953). Finou en Palma o 6 de agosto de 1969.Necrolóxica en Baleares, 7-8-1969, p. 6.
Vida persoal
Casou con Margarita Palou y Coll, que finou en agosto de 1969.Necrolóxica en Baleares, 24-8-1969, p. 6. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas "Mateu Torres Bestard" Gran Enciclopèdia de Mallorca .
Categoría:Militares de España Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Gobernadores civís das Baleares Categoría:Nados en Palma Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1969