Dante Alighieri, nado como Durante di Alighiero degli Alighieri en maio ou xuño de 1265 e finado o 13 ou 14 de setembro de 1321, foi un escrito, poeta e filósofo, considerado por gran parte dos italianos como o seu poeta maior na Idade Media. Tamén coñecido sinxelamente como Dante, naceu e viviu gran parte da súa vida en Florencia. O seu poema, de cariz épico e teolóxico, A divina comedia, orixinalmente chamado Comedìa (en italiano moderno: Commedia) e máis tarde cristianizado como Divina por Boccaccio,Hutton, Edward (1910). Giovanni Boccaccio, a Biographical Study . p. 273. é considerada a obra mestra da literatura italiana e unha dos cumes da literatura universal. É o culminar da afirmación do modo medieval de ver o mundo e a base da lingua italiana moderna.

A finais da Idade Media, a meirande parte da poesía estaba escrita en latín, e só era accesible para audiencias educadas. Porén, en De vulgari eloquentia, Dante defende o emprego das linguas vernáculas na literatura. Mesmo chegou a escribir en toscano en obras como Vita nuova (1295) e na devandita Divina Comedia. Esta escolla, malia ser pouco ortodoxa, sentou un importante precedente que outros escritores italianos como Petrarca ou Boccaccio continuarían. Como resultado, Dante tivo un papel chave no estabelecemento da lingua nacional de Italia. A relevancia de Dante tamén se estende alén do país, as súas descricións do Inferno, do Purgatorio e do Ceo serviron de inspiración para un gran número de obras de arte occidental, e son citadas como influencias nas obras de John Milton, Geoffrey Chaucer, William Shakespeare e Lord Alfred Tennyson, entre outros.

En italiano é coñecido como il Sommo Poeta («o Poeta Supremo»). A Dante tamén se lle considera o «pai do idioma» italiano (chamado volgare naquela época). A súa primeira biografía foi escrita por Giovanni Boccaccio (1313-1375), no Trattatello in laude di Dante.

Traxectoria Primeiros anos de vida e familia miniatura|dereita|220px|Casa de Dante en Florencia. Descoñécese a data de nacemento de Dante, aínda que el propio nos informe de que naceu baixo o signo dos xemelgos, o que significa que sería entre maio e xuño. Naceu nunha importante familia florentina, (cuxo apelido era, na realidade, Alaghieri) comprometida politicamente co partido dos Güelfos, unha alianza política envolvida en loitas con outra facción de florentinos: os xibelinos. Os güelfos estaban divididos en güelfos brancos e güelfos negros. Dante, no Inferno (XV, 76) pretende dicir que a súa familia ten raíces na Roma Antiga, aínda que o familiar máis antigo que se lle coñece (citado polo propio Dante, no libro Paraíso, (XV, 135), sexa Cacciaguida degli Elisei, que terá vivido, cando moito, contra o ano 1100 (o que, con respecto ao propio Dante, non é moi antigo).

O seu pai, Alighiero di Bellincione, foi un güelfo branco. Non sufriu, porén, ningunha represalia após a vitoria do partido xibelino na Batalla de Montaperti. Esta consideración por parte dos propios inimigos denota, sen sombra de dúbida, o prestixio da familia. A nai de Dante chamábase Dona Bella degli Abati; nome algo comentado por significar "a bela dos abades", aínda que Bella sexa na realidade unha contracción de Gabriella. Morre cando Dante conta apenas con 5 ou 6 anos de idade. Alighiero rapidamente casa con Lapa di Chiarisimo Cialuffi. Hai algunha controversia canto a este casamento, propondo algúns autores que os dous se uniran sen contraer matrimonio, debido a dificultades postas daquela ao casamento de viúvos. Desta segunda muller nacerá o irmán de Dante, Francesco e Tana (Gaetana), a súa irmá. alt=Dante Alighieri e Beatrice Portinari no xardín, 1903, obra mestra de estilo prerrafaelita de Cesare Saccaggi da Tortona.|miniatura|Dante Alighieri e Beatrice Portinari no xardín, 1903, obra mestra de estilo prerrafaelita de Cesare Saccaggi da Tortona. Cando Dante tiña 12 anos, en 1277, decidiuse o seu casamento con Gemma, filla de Mese Manetto Donati. Contraer matrimonio con esta idade, naquela altura, era bastante común. Dábaselle unha importancia excepcional á cerimonia, que decorría nun ambiente moi formal, coa presenza dun notario. Dante tivo varios fillos de Gemma. Como acontece en xeral coas persoas famosas, apareceron moitos supostos fillos do poeta. É probábel, no entanto, que Jacopo, Pietro e Antonia fosen, realmente, fillos seus. Antonia tomou o hábito de freira, co nome de Irmá Beatriz. Outro home, chamado Giovanni, reclamou tamén a filiación pero, malia ter estado con Dante no exilio, restan algunhas dúbidas ao respecto.

Educación e Poesía Pouco se sabe sobre a educación de Dante. Presúmese que estudou na casa, de forma autodidacta. Sábese que estudou a poesía toscana, talvez coa axuda de Brunetto Latini. A poesía toscana centrábase na "Scuola poetica siciliana", un grupo cultural de Sicilia que se daba a coñecer daquela na Toscana. Ese interese axiña se ampliou a outros autores, entre os cales destacan os menestreis e poetas provenzais, alén dos autores da Antigüidade Clásica latina (de entre os cales elixía, preferentemente, a Virxilio,Ver Bookrags.com and Tigerstedt, E.N. 1967, Dante; Tiden Mannen Verket (Dante; The Age, the Man, the Work), Bonniers, Stockholm, 1967. aínda que tamén tivese coñecemento da obra de Horacio, Ovidio, Cicerón e, de forma máis superficial, Tito Livio, Séneca, Plinio e outros dos que encontramos bastantes referencias na Divina Comedia).

miniatura|esquerda|220px|Estatua de Dante na Galería Uffizi de Florencia. É importante referir que durante a Idade Media, a Italia estaba composta por un complexo mosaico de pequenos estados, de modo que Sicilia estaba tan lonxe, cultural e politicamente, de Florencia como a Provenza. Os territorios que hoxe compoñen Italia aínda non compartían a mesma lingua nin a mesma cultura, en parte debido ás vías de comunicación deficitarias. Porén, é notorio o espírito curioso de Dante que, sen dúbida, pretendía estar a par das novidades culturais a un nivel internacional. Aos dezaoito anos, con Guido Cavalcanti, Lapo Gianni, Cino da Pistoia e, pouco despois, Brunetto Latini, Dante lanza o Dolce Stil Nuovo. Na Divina Comédia (Inferno, XV, 82) faise unha referencia especial a Brunetto Latini, onde se di que instruíu a Dante. Tanto na Divina Comedia como na Vita Nuova apréndese que Dante se interesou por outros medios de expresión como a pintura e a música. miniatura|dereita|220px|Henry Holiday: Dante incontra Beatrice al ponte Santa Trinita, pintura ó óleo (1883). Aínda novo (18 anos), coñeceu a Beatrice Portinari, a filla de Folco dei Portinari, aínda que, acreditando no propio Dante, a teña fixado na memoria cando a viu pola primeira vez, con nove anos (tería Beatriz, nesa altura, 8 anos). Hai quen di, no entanto, que Dante a viu unha única vez e que nunca deu falado con ela. Non hai elementos biográficos que comproben este feito.

É difícil interpretarmos en que consistiu esta paixón pero, é certo, foi de importancia fulcral para a cultura italiana. É baixo o signo deste amor que Dante deixa a súa marca profunda no Dolce Stil Nuovo e en toda a poesía lírica italiana, abríndolle camiño aos poetas e escritores que lle seguiron para desenvolveren o tema do Amor (Amore) que, até entón, non fora tan enfatizado. O Amor por Beatriz (tal como o amor que Petrarca demostra por Laura, aínda que nunha perspectiva diferente) aparece como a xustificación da poesía e da propia vida, case confundíndose coas paixóns políticas, igualmente importantes para Dante. Cando Beatriz morre, en 1290, Dante procura refuxio espiritual na filosofía da Literatura latina. Polo Convívio sabemos que leu a "De consolatione philosophiae" de Boecio e a "De amicita" de Cicerón. Dedicouse, pois, ao estudo da filosofía en escolas relixiosas, como a dominicana de Santa Maria Novella, tanto máis que el propio era membro da Orde Terceira de San Domingos. Participou nas disputas entre místicos e dialécticos, que se producían, entón, en Florencia nos medios académicos. Disputas esas que se centraban en torno das dúas ordes relixiosas máis relevantes. Por un lado, os franciscanos, que defendían a doutrina dos místicos e, por outro, os dominicanos, que se socorrían das teorías de San Tomé de Aquino. A súa paixón "excesiva" pola filosofía é criticada por Beatriz (representando a Teoloxía), no Purgatorio.

Carreira política en Florencia miniatura|dereita|180px|Arnolfo di Cambio, statua di Bonifacio VIII, ca. 1298, conservada no Museo dell'Opera del Duomo de Florencia. Dante participou, tamén, na vida militar da época. En 1289 combateu ao lado dos cabaleiros florentinos, contra os de Arezzo, na Batalla de Campaldino, o 11 de xuño. En 1294 estaba cos soldados que escoltaban a Carlos Martel de Anjou (fillo de Carlos de Anjou e heroe de Poitiers) cando este estaba en Florencia.O propio Dante citou a Carlos Martel de Anjou na Divina Comedia (Paraíso VIII, v. 31 e IX, v. 1). Foi, tamén, médico e farmacéutico; non pretendía exercer esas profesións pero, segundo unha lei de 1295, todo nobre que pretendese tomar un cargo público debía pertencer a unha das Guildas (Corporacioni di Arti e Mestieri - ou sexa, Corporación de Artes e Ofícios). Ao entrar na guilda dos boticarios, Dante podía, así, acceder á vida política. Esta profesión non era de todo inadecuada para Dante, xa que, nesa época, os libros vendíanse nas boticas. De 1295 a 1300, fixo parte do Consello dos Cen (o Consello Municipal de Florencia), onde fixo parte dos seis priores que gobernaban a cidade. O compromiso político de Dante carrexoulle varios problemas. O Papa Bonifacio VIII tiña a intención de ocupar militarmente Florencia. En 1300, Dante estaba en San Gimignano, onde preparaba a resistencia dos güelfos toscanos contra as intrigas papais.Robert Harrison, "Dante on Trial", NY Review of Books, 19 Feb 2015, pp. 36-37 En 1301, o papa enviou a Carlos de Valois, (irmán de Filipe, o Belo, rei de Francia), como pacificador da Toscana. O goberno de Florencia, no entanto, xa recibira mal os embaixadores papais, semanas antes, de forma a rexeitar calquera influencia da Santa Sé. O Consello da cidade enviou, entón, unha delegación a Roma co fin de indagar ao certo as intencións do Sumo Pontífice. Dante encabezaba esa delegación.

Exilio e morte Bonifacio rapidamente enviou os outros representantes de volta a Florencia , retendo só a Dante en Roma. Entrementres, o 1 de novembro de 1301, Carlos de Valois entraba en Florencia cos güelfos negros que, por seis días, devastaron a cidade e masacraron gran número de partidarios da facción branca. Instalouse, entón, un goberno partidario dos güelfos negros, e Cante dei Gabrielli di Gubbio foi nomeado "Podestá" (funcionario público designado polas familias máis influentes da cidade). Dante foi condenado, en Florencia, ao exilio por dous anos, alén de ser condenado a pagar unha elevada multa en diñeiro. Estando aínda en Roma, o papa "suxeriulle" que ficase, sendo considerado, a partir de entón, un proscrito.

Non tendo pago a multa, foi, por consecuencia, condenado ao exilio perpetuo. O poeta participou en varias tentativas para repor os güelfos brancos no poder; en Florencia, no entanto, debido a diversas traizóns, todas fallaron. Dante, contrariado polo o tratamento de que foi albo por parte dos seus inimigos, lamentaba tamén a inacción dos seus antigos aliados. Declarou solemnemente, daquela, que pertencía a un partido cun único membro. Foi nesta altura cando comezou a facer o bosquexo do que sería a "Divina Comedia", poema constituído por 100 cantos, divididos en 3 libros ("Inferno", "Purgatorio" e "Paraíso") con 33 cantos cada un (exceptuando o primeiro libro que, dos seus 34 cantos, o primeiro é considerado apenas como Canto introdutorio). Foi para Verona, onde foi hóspede de Bartolomeo Della Scala; mudouse para Sarzana (Liguria), e, despois, suponse que viviu algún tempo en Lucca con Madame Gentucca, que o acolleu de forma calorosa (o que, máis tarde, será referido de forma agradecida no Purgatorio XXIV,37).