San Pedro das Enchousas é unha parroquia que se localiza no norte do concello das Somozas. Segundo o IGE en 2018 tiña 47 habitantes (29 mulleres e 18 homes) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 113 habitantes.

Historia A parroquia foi creada en 1895, segregándose os seus lugares das Somozas.

Patrimonio Igrexa de San Pedro das Enchousas, de estilo gótico, planta rectangular, cunha soa nave e pequena capela. Segundo se recolle na inscrición do muro meridional, a capela foi propiedade da Marquesa de Cavalcanti. Casa Grande de Enchousas.

Lugares e parroquias Lugares das Enchousas

Parroquias das Somozas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares das Somozas

Categoría:Parroquias das Somozas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro