Ivan Perišić, nado en Split o 2 de febreiro de 1989, é un futbolista profesional croata que xoga de extremo e o seu club actual é o Tottenham Hotspur FC da Premier League inglesa. Ademais, é internacional na selección de Croacia.
Traxectoria profesional Con tan só 17 anos, Perišić, que xogaba nas categorías inferiores do Hajduk Split, recibiu o interese dun gran número de clubs, coma Anderlecht, PSV, Ajax, Trabzonspor, Hertha BSC e Hamburgo, antes de fichar polo FC Sochaux. En 2009, foi cedido a metade de tempada ó KSV Roeselare da liga belga.
O 26 de agosto de 2009, o Club Brugge fichou por tres anos a Perišić por 250.000€.
O 23 de maio de 2011, Perišić asinou un contrato de cinco anos co Borussia Dortmund da Bundesliga. O Borussia pagou cinco millóns de euros a cambio da súa fichaxe.
O 6 de xaneiro de 2013, o VfL Wolfsburg pagou 8 millóns de euros pola fichaxe de Perišić.
Palmarés Club Borussia Dortmund Bundesliga: 1 2011–12 DFB-Pokal: 1 2011–12
VfL Wolfsburgo DFB-Pokal: 1 2014–15 DFB-Supercup: 1 2015
Bayern München Bundesliga: 1 2019–20 Liga de Campións da UEFA: 1 2019–20 DFB-Pokal: 1 2019–20
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en National-Football-Teams.com
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Split Categoría:Futbolistas de Croacia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Sochaux-Montbéliard Categoría:Xogadores do KSV Roeselare Categoría:Xogadores do Club Brugge KV Categoría:Xogadores do Borussia Dortmund Categoría:Xogadores do VfL Wolfsburg Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores do FC Bayern München Categoría:Xogadores do Tottenham Hotspur FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Croacia sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Croacia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026