Hyundai Motor Company (en , hanja: 現代自動車株式會社, Hyeondae Jadongcha Jushikhwesa; que significa modernidade) é unha multinacional surcoreana de fabricación de automóbiles con sede en Seúl. A compañía foi fundada en 1967 e, xunto coa súa subsidiaria Kia Motors, conforma o Hyundai Motor Group, que é o quinto meirande grupo automobilístico do mundo en función de vendas anuais. No 2008, Hyundai Motor (sen Kia) clasificouse como a oitava meirande empresa de automoción. No 2012, a compañía vendeu 4,4 millóns de vehículos en todo o mundo, e xunto con Kia, as vendas ascenderon a 7,12 millóns.
No 2010, Hyundai era o cuarto maior fabricante de coches do mundo. Ademais, conta coa meirande fábrica integrada de todo o mundo en Ulsan, Corea do Sur, que ten unha produción anual de 1,6 millóns de unidades. A empresa ten 75.000 empregados en todo o mundo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Fabricantes de automóbiles de Corea do Sur