Este artigo trata sobre o filme musical de 1961. Para o musical orixinal de Broadway, véxase West Side Story (musical)
West Side Story é un filme musical estadounidense de 1961 de temática amorosa e dramática, dirixido por Robert Wise e Jerome Robbins. A película é unha adaptación do musical homónimo de 1957, musical inspirado na obra Romeu e Xulieta de William Shakespeare. O filme está protagonizado por Natalie Wood, Richard Beymer, Russ Tamblyn, Rita Moreno e George Chakiris, e foi estreado o 18 de outubro de 1961.
Tanto o público como os crítcos alabaron a cinta, que se converteu na segunda película máis salientable do ano nos Estados Unidos. Recibiu once nomeamentos aos Oscar, das que saíu vencedora en dezPáxina oficial dos premios Oscar de 1961, incluíndo a categoría de mellor imaxe, e se converteu no musical máis premiado da historia.
Foi emitido en galego pola Televisión de Galicia o 29 de marzo de 1991.La Voz de Galicia, 29-3-1991. Páx. 46
Resumo A acción sitúase nun barrio obreiro de Nova York marcado pola tensión existente entre dúas bandas de adolescentes de distintas etnias: os Jetts, de raza branca, e os Sharks, inmigrantes portoriqueños.
Os Jets deciden desafiar ós Sharks no baile que terá lugar no barrio para decidir quen o controla. Nese baile, Tony, amigo dos Jets, aínda que xa non forma parte da banda, e María, irmá do líder dos Sharks, namoran, pero a rivalidade entre as bandas creará moitas dificultades para o destino dos namorados.
Personaxes principais María, interpretada por Natalie Wood, irmá máis nova de Bernardo, comprometida con Chino e namorada de Tony. Tony, interpretado por Richard Beymer, cofundador dos Jets xunto co seu amigo Riff e namorado de María. Jimmy Bryant puxo a voz aos temas musicais deste personaxe. Riff (Russ Tamblyn), líder dos Jets e mellor amigo de Tony. Anita (Rita Moreno), moza de Bernardo e confidente de María. Bernardo (George Chakiris), líder dos Sharks e irmá máis vella de María. Doc (Ned Glass), dono da tenda onde traballa Tony. Intenta meter un pouco de sentido nas mentes dos Jets pero nunca o escoitan. Madam Lucia (Penny Stanton), dona da tenda de vestidos de noiva onde traballan María e Anita.
Música Leonard Bernstein, quen compuxo a música da obra teatral, quedou descontento coa orquestración da adaptación cinematográfica debido a que empregaba demasiados músicos, cando na versión orixinal bastaba con trinta. Consideraba que, deste xeito, os temas perdían a súa subtileza.
A orde de aparición dos temas foi cambiado nalgúns casos da película con respecto á obra orixinal. Tamén algunhas letras foron modificadas, principalmente por motivos de censura; entre elas, as letras “Gee, Officer Krupke", "America" e "Tonight Quintet" foron as máis afectadas.
Natalie Wood pregrabou as súas cancións debido ó reto que supuñan para ela algúns dos temas, de forma que logo se buscou a sincronía labial cos seus movementos na pantalla. Porén, finalmente a súa voz foi susbtituída pola de Marni Nixon, quen recibiu dereito sobre apenas o 0.25% dos beneficios xerados polas cancións intrerpretadas coa súa voz.
Lista de cancións Acto I "Overture" – Orquestra "Prologue" – Orquestra "Jet Song" – Riff e os Jets "Something's Coming" – Tony "Mambo" – Orchestra "Maria" – Tony "America" – Anita, Bernardo, os Sharks e as mozas "Tonight" – Tony e María "Gee, Officer Krupke" – Jets "Maria (violin)" – Orquestra
Acto II "I Feel Pretty" – María, Consuela, Rosalía, e Francisca "One Hand, One Heart" – Tony e María "Tonight Quintet" – María, Tony, Anita, Riff, Bernardo, os Jets e os Sharks "The Rumble" – Orquestra "Somewhere" – Tony e María "Cool" – Ice e Jets "A Boy Like That/I Have a Love" – Anita e María "Somewhere" – María "Finale" – Orquestra
Premios Óscar ó mellor filme – Robert Wise, produtor. Oscar ó mellor actor secundario – George Chakiris Oscar á mellor actriz secundaria – Rita Moreno Óscar á mellor dirección artística – Victor A. Gangelin e Boris Leven Oscar á mellor fotografía – Daniel L. Fapp Oscar ó mellor deseño de vestiario (cor) – Irene Sharaff Oscar ó mellor director– Robert Wise e Jerome Robbins Oscar á mellor montaxe – Thomas Stanford Oscar á mellor banda Sonora – Saul Chaplin, Johnny Green, Irwin Kostal, e Sid Ramin Óscar ó mellor son – Fred Hynes e Gordon E. Sawyer
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista das mellores películas estadounidenses segundo o American Film Institute
Ligazóns externas
Páxina oficial Páxina oficial na MGM
Categoría:Filmes de 1961 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes rodados nos Estados Unidos de América Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical Categoría:Filmes musicais Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes preservados no National Film Registry