Santa María de Turces é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Touro, na comarca de Arzúa, na provincia da Coruña. Conta cunha superficie de 4,36 km². Segundo o IGE en 2013 tiña 177 habitantes (85 mulleres e 92 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 248 habitantes.
Xeografía Linda polo norte con Beseño, polo sur coa parroquia de Calvos de Socamiño e o río Ulla, polo leste Dombodán e Branzá, estas do concello de Arzúa; e polo oeste, topa coa parroquia de Andeade.
Na parroquia está situado o CEIP de Turces.
Agroturismo En Murgás atópase o centro agroturístico Arquesán, da queixaría que funciona dende o ano 1987 producindo queixos Arzúa-Ulloa. Nesta queixaría-escola calquera que acceda a ela poderá proceder a elaboración de queixos ou outros produtos lácteos.
Patrimonio Igrexa de Santa María de Turces. Casa reitoral de Santa María. Muíños de Santa Marta: muíño de Abaixo, de Arriba e do Medio. Fervenza de Santa Marta.
Festas locais A Santa María o 15 e 16 de agosto, e ás veces outro día máis.
Lugares e parroquias Lugares de Turces
Parroquias de Touro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Touro
Categoría:Parroquias de Touro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María