San Mamede de Berreo é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Trazo. Segundo o IGE en 2018 tiña 257 habitantes (128 mulleres e 129 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 317 habitantes.
Historia No ano 1181 o conde Gómez González da Casa de Traba tivo que mediar nun preito entre o arcebispo de Santiago Pedro Suárez, e os fillos do conde Bermudo Pérez de Traba. Antes a igrexa compostelá empeñara ao conde Bermudo varias terras en Touro e Vila de Cruces, despois de que o conde vestise o hábito monacal en Sobrado a igrexa compostelá volveu posuír as terras sen que ninguén reclamase mais ao pouco tempo os fillos do conde Bermudo alegaron unha obriga que fixera a igrexa en virtude do empréstito. Debido a que o arcebispo non recoñeceu esa obriga os fillos do conde Bermudo recorreron á violencia mallando nun cóengo sobriño do mitrado, este emprazou aos atacantes que viñeran onda el a dar satisfacción do crime e o conde Gómez González de Traba impuxo a súa mediación reuníndose nesta igrexa de Berreo cos seus respectivos cortes de baróns e xentilhomes e os culpables a tras unha longa discusión chegouse ao acordo de que os fillos do conde Bermudo renunciasen ao dereito á obriga do arcebispo e este renunciou a castigalos pola malleira ao seu sobriño.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Berreo
Parroquias de Trazo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Trazo
Categoría:Parroquias de Trazo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede