Silla foi un dos Tres reinos de Corea, e tamén unha das dinastías máis lonxevas da historia. Malia que foi fundado polo Rei Park Hyeokgeose, a dinastía foi gobernada polo clan Kim de Gyeongju (김, 金) durante 992 anos. O que naceu como unha xefatura nas confederacións de Samhan, outrora aliadas da China, conquistou eventualmente ós outros dous reinos, Baekje en 660 e Goguryeo en 668. Ademais, a "Silla unificada" como é chamada acotío, ocupou a meirande parte da península de Corea, mentres a parte norte rexurdiu como Balhae, un estado sucesor de Goguryeo. Despois de case 1.000 anos de goberno, Silla fragmentouse de novo en tres reinos, Silla, Hubaekje, e Taebong, entregando o poder á nova dinastía Goryeo en 935.http://www.shilla.or.kr/shilla_culture/ Consultado o 8 de marzo de 2008

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Museo de Gyenongju

Categoría:Estados desaparecidos de Asia Categoría:Historia de Corea do Sur Categoría:Historia de Corea do Norte