San Martiño de Armental é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Vilasantar. Segundo o IGE en 2018 tiña 96 habitantes (53 homes e 43 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 161 habitantes.
Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello, e incorpora desde 1867 a parroquia da Ciadella (do concello de Sobrado).
miniatura|Armental no Catastro de Ensenada (1752). miniatura|Armental no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1845).
Xeografía
Situación Armental sitúase no centro do concello de Vilasantar. Limita ao oeste coa parroquia de Vilasantar, ao sur con Présaras e Vilariño, ao leste con San Vicenzo de Curtis e ao norte con Fisteus (Curtis).
Hidrografía Pola parroquia discorren varios varios ríos e regatos, cuxas augas acaban todas no río Tambre. O río Cabalar separa a parroquia de Armental das de Présaras e Vilariño, mentres que o seu afluente, o Rego das Lanzas, sepáraa de San Vicenzo. Ao norte, o río Albeiro e o seu afluente, o Rego de Follente, serven como límite con Fisteus. O río dos Muíños fai de límite coa parroquia de Vilasantar. Tamén atravesan a parroquia o Rego do Bidueiro e o Rego do Pontigo.
Clima É unha zona fría en inverno, con constantes xeadas pola noite e precipitacións que de cando en vez poden chegar a converterse en neve. No verán as temperaturas son suaves. Encádrase dentro do clima temperado.
Historia Na reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta, suprimiuse a parroquia eclesiástica da Ciadella e agregouse á de Armental, trasladándose ademais a igrexa parroquial á da Laxe.
Demografía Século XVIII 1752 1768 1787 Veciños Habitantes 45 208 296
Século XIX 1826 1831 1836 1845 1857 1860 1887 1900 Veciños 36 – 58 58 48 70 – – Habitantes 142 403 290 290 332 354 399 424
Século XX 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1986 1991 1999 2000 Habitantes 389 412 399 487 519 497 358 234 222 185 161 151
Século XXI 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 145 149 150 146 140 139 134 126 124 123 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 126 119 113 102 106 103 102 96 103 Fonte: IGE (padrón municipal)Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; e . Instituto Galego de Estatística (IGE).
Etnografía
Festas e celebracións
Festa da Ascensión, celébrase na Laxe nos primeiros días de maio. Romaría Nova, celébrase en Eirixe sobre a segunda fin de semana de agosto. Festa do Outono, celébrase en Eirixe sobre o San Martiño. Festa de Santa Lucía, celébrase en Eirixe sobre o 13 de decembro.
Lugares e parroquias Lugares de Armental
Parroquias de Vilasantar
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilasantar
Categoría:Parroquias de Vilasantar Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Martiño de Tours Categoría:Parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas