Linas Kleiza, nado en Kaunas o 3 de xaneiro de 1985, é un ex xogador de baloncesto lituano. Cunha altura de 2,03 metros e podía xogar nas posicións de ala-pivote e de ala.
Traxectoria Kleiza foi elixido na 27ª posición do Draft da NBA de 2005 polos Portland Trail Blazers. Os Trail Blazers traspasaron os seus dereitos xunto a Ricky Sanchez ós Denver Nuggets a cambio de Jarrett Jack. Na súa tempada coma rookie, acadou 3.5 puntos en 8.5 minutos por encontro. O 10 de agosto de 2009, Kleiza asinou un contrato de dous anos e 8.6 millóns de euros co Olympiacos grego. Fixo 17.2 puntos e 6.4 rebotes por partido na Euroliga, onde o Olympiacos chegou á final. Kleiza liderou o torneo en anotación, conseguindo así o Trofeo Alphonso Ford, e converténdose no primeiro xogador lituano en conseguilo. O 7 de xullo de 2010 rematou o seu contrato co Olympiacos, e asinou un contrato de catro anos e 20 millóns de dólares cos Toronto Raptors. O 16 de xullo de 2013, os Raptors utilizaron a cláusula de amnistía para cortar a Kleiza.
O 26 de xullo de 2013, Kleiza asinou un contrato de dous anos co Fenerbahçe Ülker. O 1 de xullo de 2014, Kleiza deixou de ser xogador do Fenerbahçe. O 21 de xullo de 2014, Kleiza asinou un contrato dun ano co Emporio Armani Milano.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en Eurobasket.com Perfil en Euroleague.net
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Kaunas Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Lituania Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores do Olimpia Milano Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012