Gemella é un xénero de bacterias grampositivas que vive mellor con presións parciais altas de CO2.
Descrición
Son bacterias anaerobias facultativas e dan negativo nas probas da oxidase e catalase. Son obrigadamente fermentativas, e producen unha mestura de ácido acético e ácido láctico ou unha mestura de ácido acético e CO2. Por exemplo, G. haemolysans fermenta a glicosa formando unha mestura de ácido acético e láctico en ausencia de oxíxeno, pero en presenza de oxíxeno produce ácido acético e CO2.
Importancia clínica
As bacterias do xénero Gemella encóntranse principalmente nas membranas mucosas humanas e doutros animais, especialmente na cavidade oral e tracto dixestivo superior. A especie Gemella haemolysans está implicada en exacerbacións pulmonares en pacientes con fibrose quística.
Notas
Categoría:Bacillales