miniatura|2'-O-metil-adenosina, unha adenosina modificada. A 2'-O-metilación é unha modificación de nucleósidos común que se dá no ARN, na cal se engade un grupo metilo ao grupo hidroxilo en posición 2' do azucre ribosa dun nucleósido. Os nucleósidos 2'-O-metilatdos encóntranse principalmente no ARN ribosómico e no ARN nuclear pequeno e aparecen nas rexións funcionalmente esenciais do ribosoma e o espliceosoma. Ademais, a 2'-O-metilación da adenosina no ARN impide que o encima adenosina desaminase a modifique converténdoa en inosina.
Recentemente publicouse un novo método para mapar as 2'-O-metilacións de ribosa por secuenciación de alto rendemento. O método é cuantitativo e pode mapar todas as modificacións nun só experimento.
Notas
Véxase tamén Outros artigos ARN nucleolar pequeno
Categoría:ARN Categoría:Nucleótidos