Barbara McClintock, nada en Hartford (Connecticut) o 16 de xuño de 1902 e finada en Huntington (Nova York) o 2 de setembro de 1992, foi unha xenetista estadounidense, que obtivo o Premio Nobel de Medicina no 1983, a terceira muller pero a primeira en conseguilo de xeito individual. Traxectoria

Estudou na Universidade Cornell, acadando o doutoramento no 1927. Descubriu os transposóns mentres traballaba para explicar os patróns de cor das sementes do millo. O seu traballo foi pasado por alto moitos anos, ó non estar conforme cos entón vixentes modelos de xenética.

Os seus descubrimentos non se recoñeceron até que Jacob e Monod chegaron ás mesmas conclusións.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos E ti, que científicas coñeces? Mulleres e Premios Nobel

Categoría:Biólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Nados en 1902 Categoría:Nados en Hartford, Connecticut Categoría:Finados en 1992 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Cornell