Mitchell James "Mitch" Richmond, nado o 30 de xuño de 1965 en Fort Lauderdale, Florida, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu toda a súa na National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado no quinto posto primeira rolda do Draft da NBA polos Golden State Warriors en 1988, onde xunto a Tim Haradaway e Chris Mullin formou o coñecido trío "Run T-M-C". No seu primeiro ano gañaría o premio ao Rookie do Ano. Tras tres tempadas no equipo californiano, marchou aos Sacramento Kings. Alí seía 6 veces All-Star e unha vez MVP do partido. En recoñecemento á súa achega, os Kings retiraron o seu dorsal co número 2. No seu último ano na liga profesional conseguiría gañar o anel de campión cos Lakers. En 2014, doce anos despois da súa retirada, foi seleccionado para formar parte do Basketball Hall of Fame. A nivel internacional, gañaría un ouro olímpico coa selección dos Estados Unidos en 1996. Alcumado "The Rock", foi a portada do videoxogo NBA Live 97.
Logros Unha vez Campión da NBA (2002). Seis veces All-Star da NBA (1993–1998). Unha vez MVP do All-Star da NBA (1995). Tres veces no Segundo equipo da NBA (1994–1995, 1997). Dúas veces no Terceiro equipo da NBA (1996, 1998). Rookie do Ano da NBA (1989). Primeiro equipo Rookie (1989). Membro do Basketball Hall of Fame como xogador (2014). Número 2 retirado por Sacramento Kings. Un Ouro olímpico (1996).
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas de Mitch Richmond Perfil de Mitch Richmond en Warriors History Biografía de Mitch Richmond no Basketball Hall of Fame
Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Florida Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA Categoría:Rookie do Ano da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto